Emociones

O sentido das nosas emocións

en la categoría Blog

¿Qué son as emocións? Para nós, os humanos, as emocións son unha linguaxe herdada dos nosos ancestros mamíferos. A linguaxe do corpo que, á súa vez, nos axuda a comprendernos e a relacionarnos cos demáis. Nisto consiste a intelixencia emocional. As emocións son inevitables e o inicio da súa actividade cognitiva está fora do noso control. Dos diferentes fenómenos cognitivos, as emocións constitúen un dos que máis nos atrapan e co que máis nos identificamos. Que te sintas ben, ou non, ten que ver coas túas emocións. Podes sentilo no corpo. Ás veces, o corazón axítase, o estómago encóllese, os músculos se tensan, a respiración acelérase… E todas esas sensacións teñen que ver coas túas emocións. A menos que esteas a correr unha maratón ou a facer exercicio intenso. O corpo dános sinais para saber como nos atopamos, orientándonos sobre o que nos está a pasar emocionalmente, é como unha brúxula. A palabra emoción procede do latín emovere, onde e- sifnifica fora e –movere movemento. De maneira que as emocións nos poñen en movemento. O dicionario da lingua española (RAE) indica que a emoción é unha alteración do ánimo intensa ou pasaxeira, agradable ou penosa, que vai acompañada dunha certa conmoción somática. Aínda que se trata dun conxunto de respostas neuroquímicas e hormonais que nos predispoñen a reaccionar de certo modo ante un estímulo externo ou interno, xa que os nosos pensamentos ou a nosa particular maneira de percibir e interpretar o mundo que nos rodea, son detonantes das nosas emocións. Concretamente Paul Ekman, o psicólogo e científico de renome en canto as emocións que foi contratado para elaborar as personaxes da película animada de Pixar, Do revés (Inside Out) segundo unha base científica da psicoloxía das emocións explica: “A emoción é un proceso, un tipo particular de valoración automática influida polo noso pasado evolutivo e persoal, no que sentimos que está a acontecer algo importante para o noso benestar e unha serie de cambios fisiolóxicos e conductas emocionais comezan a lidiar coa situación.”

Emocións

¿Por qué son importantes as emocións? Cando comprendemos o sentido profundo das nosas emocións, dámonos conta da súa importancia, xa que básicamente evolucionaron como mecanismos de supervivencia, deseñadas para que se produciran sen pensar, para empurrarnos á acción e á seguridade, sen deternos no análise. As emocións axúdanos a sentirnos vivos, producen sensacións e nós as interpretamos. É a vida expresándose no corpo. Básicamente están a escanear a nosa experiencia constantemente para avaliar de maneira automática se hai algún risco ao noso benestar ou algunha oportunidade que poidamos aproveitar. ¿Para qué serven as emocións? Cando falamos do medo, por exemplo, actúa coma sinal rápida e eficaz de alarma, que envía unha mensaxe inequívoca de perigo para tomar acción e preparar ao noso organismo para fuxir y/ou atacar. Identificamos e expresamos o medo desde a nosa infancia temprana. Os desencadeantes do medo poden ser universais ou persoais, ambos relacionados coa ameaza de sufrir algún dano físico ou psicolóxico. Os seres humanos podemos aprender a asustarnos case de todo, de xeito que os desencadeantes son moi variados. Aínda que fose posible vivir sen medo non sería algo desexable xa que non poderíamos avaliar o perigo nin reaccionar de forma axeitada. O medo é o regalo da natureza para asegurar a nosa supervivencia. A ira en cambio nos serve para remover obstáculos. Cando nos sentimos bloqueados para alcanzar os nosos obxectivos, xurde a rabia, tamén cando nos tratan de xeito inxusto, ou cando algo ou alguén nos impide conseguir o que nos propoñemos ou satisfacer as nosas necesidades. A ira impúlsanos á acción, ao ataque ou a loita, nos transmite a mensaxe de que no nos rendir e que estamos dipostos a loitar para defendernos. Concretamente a tristeza é a emoción máis duradeira y provoca introversión. Un detonante é a perda, o que nos leva a un estado de recollemento que da lugar á reflexión ou introspección. Coa tristeza, a enerxía redúcese e iso facilita que tomemos un tempo para estar con nós mesmos e reflexionar máis profundamente sobre o suceso que nos xera a emoción. Nos permite recapacitar e aprender dos nosos erros, incluso prepararnos para os cambios. Pola súa parte, cando sentimos asco, isto contribúe a distanciarnos do tóxico. Os nenos sinten habitualmente repugnancia hacia cousas que teñen mal sabor. Un xesto propio do asco é fruncir o nariz, o que non permite que os olores penetren do mesmo xeito. A ledicia cumpre un papel importante, xa que favorece as relacións e os vínculos sociais, promove altos niveis de enerxía e disposición á acción construtiva. De maneira indirecta, a ledicia promove iniciativas de acción e potencia o noso rendemento, favorecendo a creatividade, o aprendizaxe, a memoria, a resolución de conflitos, etc. É por isto que ten un gran peso no desenvolvemento e a evolución dos seres humanos. Asorpresa, en cambio, xurde a partir do descubrimento de algo inesperado. Dura tan só uns segundos, polo que é a emoción máis breve de todas, e é seguida inmediatamente doutra emoción como o medo, a alegría, a rabia, o alivio ou o asco. Sen embargo, non son estas as únicas emocións que sentimos os seres humanos. O noso mundo emocional é complexo e pode intensificarse cando entran en xogo os pensamentos. Tendo en conta que os seres humanos sobrevivimos como especie, non por ser os máis fortes nin os máis veloces, senón pola nosa comunión con outros, como seres sociais, é comprensible que percibamos certos comportamentos como ameazadores. É por iso que, cando nos sentimos atacados no noso concepto e alguén cuestiona a nosa imaxe ou o noso ego, tendemos a xerar virulencia a través de emocións como o desprezo, o orgullo, a envexa, etc.

Emocións

¿Cáles son os desencadeantes das nosas emocións? Algúns factores que se poden considerar como desencadeantes das nosas emocións son:

  • Temas universais como perder a un ser querido, sentirnos obstaculizados, ser amados, etc.
  • Percepcións individuais ou guións internalizados na infancia.
  • A nosa evaluación automática ou reflexa.
  • Lembranzas de experiencias pasadas ou falar sobre esas experiencias emocionais pasadas.
  • A nosa imaxinación.
  • A empatía.
  • A nosa valoración das normas sociais.
  • Actuar como se unha emoción estivera a acontecer.
  • O contacto humano, entre outros…

Regulación e xestión das emocións Mais, cando temos unha maior comprensión e recoñecemento das nosas emocións podemos aprender a xestionalas, tendo en conta ademáis que son impermanentes, o que quere dicer que están deseñadas para xurdir e depois desaparecer rápidamente. Comprender o sentido das nosas emocións, naturalizalas e aprender a xestionalas é crucial para o noso benestar. A través da práctica da Atención Plena ou Mindfulness podemos aprender a detectar onde sentimos a emoción, que sensacións nos produce, recoñecela en nós mesmos e tamén nos demais. E é que as emocións se manifestan a través dunha serie de trazos na postura, na expresión facial, na maneira de falar ou na maneira de respirar. No xeral, na nosa fisioloxía.

Emocións respiración

A respiración como sistema de regulación e áncoraRespirar é a estratexia máis doada, rápida e, a miúdo, accesible para regular as nosas emocións. A respiración actúa coma ponte que conecta os nosos corpos e as nosas mentes e pode ser un barómetro identificador de como nos atopamos nun momento dado. É fonte de integración e equilibrio entre a actividade mental e os estados corporais, as funcións voluntarias e involuntarias do corpo e as ramas simpática (de loita ou fuxida) e a parasimpática (do descanso e a dixestión). Cando respiramos axitados ou axitadas a mente interpreta que algo está mal, se respiramos tranquilos en cambio se calma, poúsase, aséntase, pudiendo utilizarla como una herramienta para sintonizar nuestra experiencia, nuestro cuerpo y nuestras emociones. Podémola usar como unha ferramenta para sintonizar a nosa experiencia, o noso corpo e as nosas emocións. A respiración está sempre con nós é o fío que conecta cada momento das nosas vidas. Estivemos a respirar desde que nacimos e seguiremos a respirar ata morrer. É por iso que a meditación na respiración é unha das prácticas formais do Mindfulness, conscientes de que a podemos usar en calquera momento como ancla para reconectarnos co momento presente. A través da práctica da Atención Plena ou Mindfulness, máis aló de axudarnos a recoñecer o que está a suceder en cada momento, aprendemos a aceptar a experiencia tal como é, en vez de loitar e resistirnos a ela. É deste xeito cómo conseguimos comprender e integrar as nosas emocións, sendo esta aceptación sinceira a que realmente contribúe ao cambio e a que nos sintamos mellor.

Bea Lema
Autora e formadora. Promotora de Benestar Integral
Directora da Escola Galega de Benestar

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed

OTROS ARTÍCULOS DEL BLOG
×