Sobre a Escola Galega de Benestar

Unha escola para formación en calidade de vida

A Escola Galega de Benestar é unha entidade innovadora comprometida coa promoción do benestar integral das persoas e das organizacións, cuxa misión principal é abordar o estrés, un dos desafíos máis significativos desta nova era, que afecta tanto á saúde física como mental, e que, ás veces, guía as nosas accións e reaccións.

Sen embargo, cando tes a capacidade de recoñecer e comprender o que che está a suceder, tanto a nivel físico como mental, e contas co coñecemento e as ferramentas para enfrontar as diferentes situacións que se che presentan no día a día, por máis desafiantes que sexan, che resultará máis sinxelo atopar solucións.

Recursos e pilares do benestar emocional

Axudámoste a descubrir os fundamentos nos que se asenta o benestar emocional e os múltiples recursos dos que podes facer uso para que te sintas mentalmente máis forte e emocionalmente máis seguro, xa que na Escola Galega de Benestar ofrecemos programas formativos dinámicos e participativos que contribúen ao desenvolvemento de habilidades sociais, á adopción de hábitos saudables e á prevención de riscos psicosociais, a través dos nosos recursos internos, inherentes á nosa persoa, así como daquelas relacionados co entorno.

Trátase de formacións que capacitan e inspiran tanto ás persoas como ás organizacións, onde os nosos valores fundamentais se centran no respeto, na unidade, no sentido de pertenza, no apoio mutuo, na cercanía, na flexibilidade e na integración de novas posibilidades.

Ademáis na Escola Galega de Benestar, temos unha especial consideración pola sustentabilidade do planeta e a cultura da rexión, xa que somos consientes de que os recursos do entorno xogan un papel crucial no benestar das persoas.

¿Anímaste a embarcarte nesta apaixonante viaxe hacia o benestar?

Detrás da Escola Galega de Benestar

Son Bea Lema, e douche a benvida á Escola Galega de Benestar. Compráceme compartir contigo os últimos descubrimentos, para que poidas comprender como funcionan a túa mente e o teu corpo. Porque, sabías que a calidade da túa vida non depende do que che ocorre, senón do que decides facer co que che ocorre?

A miúdo, cando descoñecemos o esencial, respondemos ás situacións da vida de forma reactiva; estresámonos, agobiámonos… Pero se sabes cómo guiar a túa mente e cómo xestionar a túas emocións, se sabes cómo coidar do teu corpo e cómo responder aos eventos que te suceden no teu día a día, descubrirás todo o que realmente podes facer para mellorar a calidade da túa vida e o teu benestar.

Durante máis de quince anos traballei para a Administración Xeral do Estado, onde participei como formadora en prevención de riscos psicosociais e facendo mediacións.

Sen embargo, nos inicios da miña carreira profesional adicábame a impartir actividades físicas e deportivas, así como técnica en primeiros auxilios e salvamento acuático, mais a causa dun inesperado accidente de tráfico, cambiou o meu rumbo profesional. Así que convertín a miña busca de solucións para recuperar a miña saúde e serenidade mental nunha travesía de descubrimento e, cando no 2016 coñecín o sentido do Mindfulness, decidín formarme como instructora a través do BMIT en Santiago de Compostela, avalada pola Universidade de Zaragoza.

– Colaboracións con outras entidades

Proxectos e colaboracións

Na Escola Galega de Benestar desenvolvemos diferentes proxectos relacionados coa saúde e a sustentabilidade.

Proxectos de sustentabilidade

A Escola Galega de Benestar apoia e colabora con proxectos que promoven a sustentabilidade, especialmente na Comunidade Autónoma de Galicia, unha terra chea de recursos cun ecosistema único, capaz de satisfacer as necesidades tanto dos seus habitantes como de quen a visita.

Máis aló do autocoñecemento e da relación con nós mesmos e cos demais, comprender que o noso benestar e a saúde do planeta están intrinsecamente vinculados, levou á Escola Galega de Benestar a considerar varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da axenda 2030 das Nacións Unidas

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas

Saúde e benestar

Un dos nosos obxectivos principais é promover unha vida sa e o benestar para todos, protexendo ao planeta e propoñendo prácticas que aseguran a paz e prosperidade para todos, tal como propón o ODS 3.

Educación de calidade

A nosa prioridade é unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promovendo oportunidades de aprendizaxe para toda a vida, en liña co ODS 4.

Igualdade de xénero

Contribuímos ao empoderamento das mulleres, a favor da igualdade de xénero, conscientes do potencial emprendedor das mulleres, tal como promove o ODS 5.

Cidades e comunidades sustentables

As nosas prácticas fomentan a cohesión entre a natureza e a cidade, o que contribue a un entorno máis sustentable e feliz, inspirados polo ODS 11.

Vida dos ecosistemas terrestres

Concienciamos sobre a importancia de protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres fundamentais para a nosa subsistencia, segundo o ODS 15.

Alianzas para alcanzar obxectivos

Abrimos as portas á colaboración tanto de persoas físicas como de entidades públicas e privadas para enfrontar xuntos os desafíos da sustentabilidade, seguindo o ODS 17.

Rede Vital de Galiza

Comprometidos co benestar e a calidade de vida das persoas, así como co desenvolvemento e a sustentabilidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facemos unha invitación a coñecer as cooperativas, as empresas saudables e sustentable de Galiza, así como as tendas ecolóxicas e os produtores locais, a través dos cales podemos conseguir produtos de calidade, con numerosos beneficios para a nosa saúde e benestar.

Do mesmo xeito, en Galiza ofrécese unha gran variedade de actividades e servizos relacionados co benestar, como o turismo rural, o turismo activo, o Camiño de Santiago, os balnearios e as augas termais, incluso o slowtravel que propón a nova Ruta NVI, por mencionar algúns exemplos.

Todo isto crea unha trama especialmente beneficiosa para o benestar e a calidade de vida das persoas, e isto é o que leva por nome Rede Vital de Galiza.

– Algunhas das entidades coas que colaboramos

Entidades coas que colaboramos

×