Durante os últimos anos, estamos a ser testemuñas dun aumento significativo nos niveis de estrés, tanto a nivel mundial como no ámbito nacional, mesmo rexional.
Segundo o último estudo CinfaSalud sobre ‘Percepción e hábitos da poboación española en torno ao estrés’, publicado no ano 2017, as cifras indicaban que 9 de cada 10 cidadáns, de entre 18 e 65 anos, sentiran estrés no último ano e, 4 de cada 10 (o 42%) o padecían de forma frecuente ou continuada. O que suporía 12 millóns de españois estresados.
Tras a pandemia, un análise publicado pola revista El Economista con base en datos de Eurostat, Reuters, a OCDE e outras institucións, España situábase no 2022 como o quinto país cos maiores niveis de estrés de toda a Unión Europea.
O estrés converteuse nun problema crecente na sociedade moderna e é considerado por moitos expertos como un dos maiores desafíos para a saúde pública en xeral.
Cando experimentamos estrés, é común sentir fatiga e falta de enerxía, ter dificultades para conciliar o sono, dores de cabeza e tensións musculares.
Moitas veces, tamén nos sentimos illados e desmotivados, experimentamos cambios repentinos no apetito, podemos comer moito ou moi pouco, e é habitual que mostremos irritabilidade ou cambios de humor.
Ademais, o estrés pode manifestarse con ansiedade e unha preocupación excesiva, o que afecta á nosa concentración e capacidade para memorizar.
E se adoitas ter algún destes síntomas, probablemente intuirás que están estreitamente relacionados co estrés debido a procesos de somatización.
Hoxe en día, cada vez máis expertos, como investigadores, científicos e especialistas en medicina, bioloxía e psiconeuroinmunoloxía, explícanos como o estrés e os problemas emocionais e psicolóxicos afectan á nosa calidade de vida e benestar, moitas veces sen que sexamos conscientes diso.
Se liches libros como: “¿Por qué las cebras no tienen úlcera?” de Robert M. Sapolsky, “El cuerpo lleva la cuenta” de Bessel A. Van der Kolk ou “Cuando el cuerpo dice No” de Gabor Matei, é posible que esteas máis consciente da relación entre a tensión e os síntomas físicos que xera.
O estilo de vida acelerado, a multitarefa, os cambios tecnolóxicos e a constante conectividade, xunto coa falta de conexión cos entornos naturais, as presións laborais, os efectos da pandemia e as crises económicas, son algúns exemplos de factores que contribúen ao aumento do cortisol no sangue, a hormona do estrés, con súas correspondentes consecuencias.
Sen embargo, se profundizamos un pouco, darémonos conta de que a nosa maneira particular de pensar, que se trata dun factor intrínseco, é do que máis nos pode afectar.
O estrés prodúcese basicamente cando:
- Non podemos controlar unha situación.
- Ante unha percepción de ameaza ou perigo.
- A percepción de que algo está a punto de empeorar.
Deste xeito, a resposta ao estrés é o que fai o noso corpo de forma innata para volver á orde e, para iso, fai uso de todos os recursos vitais para sobrevivir.
Cando non podemos apagar esta resposta ao estrés, é cando nos volvemos vulnerables á enfermidade.
Neste caso, ¿que podemos facer?
Comprender cómo funciona o noso corpo e a nosa mente pode ser un factor determinante para cambiar e mellorar a nosa saúde e benestar, o que incide directamente na nosa calidade de vida.
Así que, sacando o lado positivo da globalización, temos que dicir que nos atopamos nun momento histórico no que a ciencia occidental uníuse á ciencia oriental, o que nos permitiu descubrir os intríngulis e mecanismos da mente, cómo funciona o noso corpo e cómo podemos influir na nosa saúde física, pero tamén na nosa serenidade mental.
Deste xeito, temos unha infinidade de recursos á nosa disposición. Só se trata de recoñecelos e comezar a utilizalos a noso favor.
¿Cómo isto é así?
Porque temos recursos de carácter interno, inherentes á nosa persoa, que teñen que ver co desenvolvemento do noso talento, coa actitude que adoptamos ante ás circunstancias da vida, así como a nosa escoita interna, ao mesmo tempo que podemos aprender a guiar a nosa mente e xestionar as nosas emocións ou aumentar a nosa capacidade de resiliencia.
Para iso, podemos axudarnos de ferramentas como as que nos proporciona a práctica da atención plena ou mindfulness a través da meditación, a cal fomenta a introspección e unha mellor comprensión de nós mesmos.
E despois, hai outros recursos de carácter externo, relacionados co entorno, co medio que te rodea, así como as persoas coas que te relacionas, os alimentos que consumes ou os espazos que frecuentas, por poñer algúns exemplos.
O que ocorre é que, nas nosas axitadas vidas, moitas veces esquencemos que somos interdependentes do entorno e que estamos vivos grazas aos recursos da natureza.
E, aínda que por momentos, percibamos esa necesidade de reconectar coa Terra, como cando nos apetece dar un paseo pola praia, darnos un baño no mar, facer un piquenique no campo, practicar algún deporte ao aire libre, ou pasar unha fin de semana nun aloxamento rural, xa que só hai que observar o incremento da demanda do turismo rural nos últimos anos, parece evidente que hai algo nestes entornos que nos proporciona unha liberación de tensións e un aumento de benestar.
De feito, en Finlandia, considerado o país máis feliz do mundo durante varios anos consecutivos, segundo o Informe Mundial da Felicidade, é unha práctica común que os médicos receiten entornos naturais aos seus pacientes cando detectan altos índices de estrés.
Non obstante, en documentais como o que podes ver a continuación, de Clint Ober, descubrirás a importancia do denominado “Earthing” ou “Grounding”, a conexión coa Terra para a nosa saúde e benestar:
¿E ti?
¿Qué adoitas facer para reducir os teus niveis de tensións e ansiedade?
¿Adoitas axudarte dos teus recursos internos ou máis ben te centras nos externos?