MBE (Mindfulness e Benestar Emocional)

O Mindfulness é un estado mental de atención plena, que nos permite recoñecer o que está a ocorrer tanto na nosa experiencia interna como no entorno que nos rodea. Deste xeito somos máis conscientes das nosas emocións, sensacións e pensamentos. Só cando somos capaces de recoñecer estes estados, podemos influír neles. Por iso, é habitual asociar o Mindfulness a un estado de serenidade mental. Sen embargo, ás veces podemos sentirnos bloqueados ou ter dificultades para resolver situacións, simplemente porque descoñecemos ou non recoñecemos o que nos está a suceder. A través das sesións MBE © de Mindfulness y Benestar Emocional descubrirás cómo guiar a túa mente e manexar as túas emocións. Aprenderás a reducir o estrés e a responder de maneira máis consciente e deliberada aos eventos que suceden na túa vida diaria, en lugar de simplemente reaccionar ante eles, tendo en conta que moitos destes eventos poden estar relacionados con outras persoas, xa que pola nosa natureza social, as relacións nos afectan. Para logralo, realizamos prácticas guiadas nun contexto preferentemente grupal, que che axudarán a tomar perspectiva comezando por comprender a influencia dos teus pensamentos nas túas emocións e accións, o que che permitirá ser máis consciente dos teus hábitos ou tendencias, xerando cambios a mellor. Tanto se xa tes coñecementos da práctica de Mindfulness como se non, axudámoste a descubrir os seus múltiples beneficios para a túa serenidade e benestar. Na axenda podes consultar o inicio das próximas sesións, con posibilidade en liña ou presencial.

Testemuños

Testemuños das nosas formacións

Infórmate sen compromiso

Escríbenos para resolver as túas dúbidas. Ademáis, podes solicitar unha sesión gratuita de Mindfulness e achegarémoste toda la información para que poidas participar e coñecernos.




    ×