– Formación para a mellora da calidade de vida e o benestar das persoas.

Saúde, serenidade e benestar

Programas dirigidos a mantener la salud física y la serenidad mental, que favorecen el bienestar de las personas, y que dotan a las empresas y
organizaciones de las herramientas para enfrentar el estrés y los desafíos diarios.

REGALO

¡Descarga Gratis la Revista Zensú!

Descubre todo lo que Galicia tiene que ofrecerte en cuanto a bienestar y sostenibilidad.

  • Empresas saludables y sostenibles
  • Recursos y novedades para cuidar de ti y del planeta
  • Alimentación y hábitos saludables

Sumérgete ahora en contenidos inspiradores que promueven una vida más saludable y un entorno más sostenible

Formación para o benestar e a calidade de vida

A Escola Galega de Benestar ofréceche diferentes programas para aumentar o teu benestar e mellorar a túa calidade de vida

Desafío Vital

Unha comunidade comprometida, amante da vida sá e a sustentabilidade, coa que descubrirás os Pilares do Benestar nos que se sustenta a túa saúde física e a túa serenidade mental, así como as chaves da lonxevidade. Ver máis

Benestar en Galicia

Formación experiencial baseada na Práctica da Atención Plena ou Mindfulness en diferentes localizacións rurais ou balnearios de Galicia, para a redución do estrés e o aumento do benestar físico-mental. Ver máis

Sesións online de Mindfulness

Sesións prácticas orientadas á redución do estrés e a xestión das emocións, que favorecen o autocoñecemento e o aumento da atención, desde a comodidade da túa casa. Ver máis

En Forma MC (Mente y Cuerpo)

Programa formativo baseado en 3 áreas de mellora: alimentación saudable, actividade física e actitude, actualmente en colaboración con diferentes concellos. Ver máis

Mindfulness Escuela Gallega de Bienestar

Mindfulness Benestar Emocional (MBE)

Programa teórico-práctico que se centra en 3 aspectos esenciais: mente en calma, redución do estrés e antídotos ás emocións adversas. Ver máis

Formación opositores

Supérao_Opositor

Sesións de apoio para facer fronte ao síndrome do opositor, baseado en 3 aspectos clave: o aumento da concentración, a xestión das emocións adversas, así como da sabotaxe mental. Ver máis

Formación a empresas, administracións e colectivos especiais

A Escola Galega de Benestar ofrece programas dirixidos a empresas e organizacións co obxectivo de previr riscos psicosociais e fomentar as relacións dentro do entorno da organización.

Formación Empresa en Forma

Empresa En Forma

Proporciona ao teu equipo ferramentas prácticas para manterse “en forma” a través de habilidades sociais, hábitos saudables e hixiene psicosocial. Ver máis

Administración pública

MRCAP

Programa específicamente diseñado para as Administracións Públicas en atención á cidadanía e a saúde psico-emocional dos empregados públicos. Ver máis

Formación Prevenciona

Prevenciona

Programa diseñado para aqueles colectivos máis expostos a situacións extremas ou de especial vulnerabilidade, con altos niveles de estrés e maior risco de padecer burnout. Ver máis

Obxectivos principais e beneficios

Saúde física

Aprender a coidar do teu corpo e a xerar cambios de hábitos que favorecen a túa saúde física, dende unha actitude atenta e proactiva.

Serenidade mental

Aprender a guiar a túa mente co fin de reducir o estrés e favorecer a toma de decisións na vida cotiá.

Benestar emocional

Aumentar a túa capacidade de resposta fronte ao impulso ou reacción, o que favorece o autocontrol e o equilibrio emocional.

Áreas de mellora

Ofrecémos formación personalizada, comezando por facer unha valoración da túa situación nos diferentes ámbitos da túa vida para medir os resultados do proceso.

Centrarémonos nas seguintes áreas de mellora:

Coidado persoal

Descubrirás como estruturar a túa inxestión diaria e combinar os alimentos dun xeito adecuado, para favorecer o funcionamento óptimo do teu corpo, mentres veremos como a actividade física non só aporta enerxía, senón que tamén beneficia a túa forza mental e resistencia.

Habilidades sociais

Exploraremos a arte de crear fórmulas de comunicación que che permitan expresar os teus pensamentos con respecto, mentres aumentas o teu
capacidade de escoita e atención. Isto contribúe ao teu benestar, ao tempo que favorece as túas interaccións cos demais, mediante a empatía e a asertividad.

Redución do estrés

Mediante ferramentas prácticas, ampliarás a túa capacidade para transformar a impulsividade e a reactividade, permitíndoche responder dunha forma máis consciente, reflexiva e responsable ás circunstancias da vida, grazas á práctica do Mindfulness.

Escola Galega de Benestar

Escola Galega de Benestar é unha iniciativa de Bea Lema, formadora de formadores e creadora de contido psicoeducativo e do libro Seres con Recursos, propostas para vivir conscientes, capaces e sans.

Bea é Instructora acreditada de Mindfulness por BMIT avalado pola Universidade de Zaragoza. Apaixonada pola ciencia, a bioloxía e a natureza, con amplos coñecementos sobre alimentación e hábitos de vida saudables.

Testemuños

Testemuños das nosas formacións

Proxectos de sustentabilidade

Na Escola Galega de Benestar apoiamos e colaboramos con proxectos que promoven a sostibilidade, especialmente na Comunidade Autónoma de Galicia, unha terra chea de recursos cun ecosistema único, capaz de satisfacer as necesidades tanto dos seus habitantes como dos que a visitan.

Rede Vital de Galiza

Estamos comprometidos co benestar e a calidade de vida das persoas, así como co desenvolvemento e a sustentabilidade da Comunidade Autónoma de Galicia, é por iso que fomentamos as relacións entre as cooperativas, empresas saudables e sostibles de Galicia, tendas ecolóxicas e produtores locais.

– Algunhas das entidades coas que colaboramos

Entidades coas que colaboramos

– Formacións experienciais e próximos eventos

Axenda

Participamos en Biocultura A Coruña

VÉMONOS EN BIOCULTURA A CORUÑA, DO 7 AO 9 DE MARZO 2025 ¿Coñeces Biocultura? Biocultura é a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable, de referencia internacional e recoñecida como…
VER MÁS
– Blog de vida saudable, mindfulness e benestar

Blog

Emociones

O sentido das nosas emocións

¿Qué son as emocións? Para nós, os humanos, as emocións son unha linguaxe herdada dos nosos ancestros mamíferos. A linguaxe do corpo que, á súa vez, nos axuda a comprendernos…
Ver más
biocultura 2024

Participamos en Biocultura A Coruña

VÉMONOS EN BIOCULTURA A CORUÑA, DO 1 AO 3 DE MARZO 2024 ¿Coñeces Biocultura? Biocultura é a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable, de referencia internacional, recoñecida como unha…
Ver más

Contacta connosco

Se estás na procura de solucións para o teu benestar persoal ou o da túa empresa ou organización, contacta connosco e informarémoste con máis detalle dos nosos programas e de como te poden axudar.

×