Durante las sesiones he notado una considerable mejoraría en cuanto al aumento de la atención que me permite salir de la divagación, siendo más consciente de mi respiración y de mis pensamientos (como observador), además ha aumentado mi capacidad para desligarme de mi voz interior negativa y reconocer patrones emocionales en situaciones difíciles o incómodas, lo que favorece mi día a día, consciente a la vez de que hay aspectos en los que puedo seguir profundizando.
Se como empresa queres coñecer as ferramentas que farán que o teu equipo se sinta máis unido e satisfeito, con menos estrés e máis inspirado á hora de tomar decisións, Empresa En Forma © é un programa flexible, que se sustenta principalmente en 3 áreas de mellora que constitúen o método da triple H e cuxas chaves son:
- O desenvolvemento de habilidades sociais, fundamentais para a mellora das relacións interpersoais, onde a intelixencia emocional, a capacidade de atención e de aprender a comunicar dunha maneira eficaz son esenciais para o funcionamento do equipo e da organización.
- Os hábitos saudables que contribúen a manter a nosa saúde física e mental, suxiren un aumento da enerxía e vitalidade a través de sistemas que favorecen o coidado do corpo e sistemas que contribúen á serenidade mental, o cal ten influencia no funcionamento da organización.
- A hixiene psicosocial, que prevén os riscos psicosociais e contribúe á redución do estrés, prestando unha atención especial ao burnout e á detección e enfrontamento do mobbing.
Trátase dun modelo flexible, orientado primeiro ao autocoñecemento das persoas, para dende alí comprender mellor aos demais. Desta maneira aumentamos a capacidade de resolver os desafíos que se presentan no día a día, ao tempo que xeramos cohesión grupal.