Comprensión mente, corpo, cerebro
Cando comprendemos a nosa bioloxía, como funciona o noso corpo e a nosa mente, resulta máis doado trascender os nosos estados mentais e emocionais.
Para iso, o primeiro máis importante é comprender qué é o corpo, qué é a mente e a relación entre ambos.
O corpo é a nosa parte física, material e tanxible, poderíamos consideralo como a nosa coraza.
O cerebro, esa masa viscosa, chea de encartes con forma de noz, dotada de materia gris e branca, a resgardo do noso cráneo, segue a ser unha parte do noso corpo, un centro de computación, como o hardware dun computador.
Con todo, cando nos referimos á mente, estamos a falar dunha parte abstracta, non tanxible, inmaterial, etérea, que non se pode ver nin tocar, trátase de enerxía. Hai quen a considera o software do computador.
A materia segue a ser enerxía, só que enerxía perceptible a través dos sentidos. A mente en cambio non a podemos ver, nin tocar. Con todo, sabemos que está alí.
É como o aire que respiramos, aínda que non o vexamos, sabemos que está alí, ou como os sons que escoitamos, aínda que non os poidamos ver nin tocar, podemos escoitalos, xa que se propagan a través de ondas. Todo é enerxía. O wifi é enerxía.
Os pensamentos son fenómenos mentais, que xurden por si mesmos e, tal como o ollo ve ou o ouvido escoita, a natureza da mente é pensar. Seguimos a falar de enerxía.
A cuestión é a capacidade que teñen os nosos pensamentos para xerar cambios no noso corpo, na materia.
Ramas emerxentes da ciencia nos explican
A evidencia científica nos amosa que a nosa maneira de percibir o mundo, o entorno que nos rodea, se o tomamos como unha ameaza e nos xera estrés ou se nos transmite seguridade e calma, afecta significativamente o noso organismo, aínda que de maneiras diferentes.
Concretamente, a neurociencia, unha disciplina que estuda o sistema nervioso e a súa influencia na cognición e conducta humana, explica cómo os nosos pensamentos e interpretacións da realidade teñen un efecto no noso corpo.
Por outra banda, a psiconeuroinmunoloxía unha disciplina que reúne a investigadores de numerosas especialidades médicas, tales como neurociencias, inmunoloxía, fisioloxía, psiquiatría, psicoloxía, ciencias da conducta, reumatoloxía e enfermidades infecciosas, estuda as interaccións da mente e o corpo, e nos leva a comprender cómo as emocións e a fisioloxía están estreitamente ligadas no desenvolvemento humano ao longo da vida, tanto na saúde como na enfermidade, o que inclúe o sistema inmunitario e o aparello endocrino, en relación cos nosos procesos hormonais.
Todo iso forma parte deste sistema de resposta que implica todo o noso corpo.
No que respecta á epixenética, outra rama emerxente da ciencia, revela que os factores ambientais, os nosos hábitos de vida, así como a nosa percepción do entorno, teñen unha maior influencia na nosa saúde que a propia xenética, debido a que os mecanismos de regulación xenética poden facer que os nosos xenes se activen ou desactiven en resposta a diferentes factores ambientais e sinais celulares.
A relación mente-corpo e os estados emocionais
As persoas sempre souberon de maneira intuitiva que a mente e o corpo conforman unha unidade indisoluble, clave para a nosa existencia.
e os achados da ciencia moderna confírmannolo. A mente afecta ao corpo e o corpo á mente.
Con todo, parece que desde o inicio da Idade Moderna, a mente e o corpo comezaron a ser contemplados como realidades separadas.
Ao longo dos séculos, moitos médicos comprenderon que as emocións están estreitamente vinculadas á orixe das enfermidades e á recuperación da saúde, tal como nos recorda o médico canadense Gabor Maté, quen nos advirte dos riscos ocultos do estrés e de cómo pode transformarse nunha enfermidade.
O estrés pódese considerar unha cascada de respostas físicas e bioquímicas a poderosos estímulos emocionais.
Tendo en conta que, desde o punto de vista psicolóxico, as emocións son en si mesmas descargas eléctricas, químicas e hormonais do sistema nervioso humano que nos predispoñen a reaccionar dunha certa maneira ante un estímulo externo ou interno, teñen a capacidade de influír no funcionamento dos nosos órganos principais, na integridade das nosas defensas inmunitarias e no desenvolvemento de moitas substancias biolóxicas en movemento que regulan o noso corpo, á vez que son influenciadas por todo iso.
Cando reprimimos as nosas emocións, debilitamos as defensas do corpo contra as enfermidades.
Por iso é tan importante saber máis de nós mesmos, dos mecanismos do noso corpo e da nosa mente, co fin de recoñecer e abordar os nosos estados emocionais.
Ademais, cando temos a capacidade de identificar e dar resposta aos efectos do estrés, é máis doado recuperar a saúde e evitar que o noso benestar se vexa afectado.
A conexión mente-corpo, clave para o mantemento da nosa saúde.
Comprender os mecanismos do noso corpo e da nosa mente, así como as nosas emocións e as súas funcións, facilita o proceso de experimentar cambios positivos na nosa saúde e na nosa vida en xeral.
A saúde, tal como nos indica a definición máis ampla da Organización Mundial da Saúde (OMS), “É un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade ou molestia”.
Deste xeito, a saúde non só se limita á ausencia de enfermidade, senón que implica un equilibrio integral no benestar dunha persoa, tanto a nivel físico como emocional e social.
Poderiamos dicir que a saúde é entrenábel, no sentido de que podemos aprender a coidar do noso corpo, proporcionándolle os alimentos axeitados, realizar os exercicios apropiados ou aprender a prestar atención á nosa respiración, o que é pura terapia.
Ao mesmo tempo, podemos aprender a detectar o que nos poida causar un desequilibrio, xa sexa debido a unha mala alimentación, o sedentarismo, os nosos impulsos emocionais ou as nosas propias tendencias mentais, que afectan á nosa enerxía e vitalidade e que nos convén evitar ou aprender a xestionar.
Asimesmo, cultivar unha mente equilibrada a través da meditación ou ter unha boa interacción co entorno social, contribúe a unha vida satisfactoria e plena.
A conexión mente-corpo é clave non só para comprender a enfermidade, senón tamén para fomentar a saúde.
A través do coñecemento e de numerosas prácticas orientadas podemos recoñecer todo isto e favorecer o noso benestar, para transitar o noso camiño con maior seguridade.
¿Coñecías a relación mente-corpo e cómo os estados emocionais teñen influencia na saúde?