Mindfulness para opositores

Se estás a preparar oposicións, sabemos que se trata dunha carreira de fondo que require constancia, perseveranza, unha boa planificación e unha preparación axeitada para que poidas acadar os resultados agardados. Aínda así, hai numerosos factores que poden condicionar ese resultado.

O chamado ‘Síndrome do Opositor’, trátase dunha combinación entre ansiedade, en moitos casos acompañada de autoexixencia, frustración ou incluso baixa autoestima, que pode producirse en calquera momento, es pode producir certos desordes, para os que existen solucións.

Supérao_Opositores © Son sesións formativas baseadas na práctica de Mindfulness e exercicios de introspección que che axudarán a serenar a túa mente, aumentar a túa concentración e reducir o estrés xerado pola carga de estudo, así como xestionar a ansiedade previa ás probas selectivas e durante a súa execución. Veremos como facer fronte ao sabotaxe mental e como eliminar eses bloqueos que che poden impedir alcanzar os resultados desexados.

E como sabemos que, durante este proceso de preparación, o tempo e a organización xogan un papel fundamental, terás a ocasión de realizar estas sesións desde a comodidade da túa propia casa ou do teu lugar de estudo, en liña, sen necesidade de invertir o teu tempo en desprazamentos.

Testemuños

Testemuños das nosas formacións

Infórmate sen compromiso

Escríbenos para resolver as túas dúbidas. Ademáis, podes solicitar unha sesión gratuita de Mindfulness e achegarémoste toda la información para que poidas participar e coñecernos.




    ×