Libro “Seres con Recursos”

Seres con Recursos: Propostas para vivir Conscientes, Capaces e Sáns

Seres con Recursos é un libro inspirador co obxectivo de ofrecernos unha comprensión máis profunda de nós mesmos e das nosas posibilidades. Dende a autosuficiencia até o desenvolvemento das nosas capacidades, explora cómo o coñecemento, a experiencia, a investigación e a atención poden ser recursos poderosos para o descubrimento persoal.

O seu enfoque principal é axudarnos a atopar solucións a través de diversas alternativas, mentres nos guía no camiño de conectar xenuinamente coa nosa esencia e autenticidade. Estes obxectivos alcanzáanse a través dos “Pilares de Conexión”, ferramentas e recursos á túa disposición, dos cales podes facer uso en calquera momento.

Para logralo, o libro incítanos a expandir a nosa mente e superar as nosas propias limitacións, o que nos permitirá tomar decisións máis deliberadas para vivir de maneira máis coherente, consciente e saudable. Do mesmo xeito, este proceso axudarános a sintonizar coa nosa propia filosofía de vida.

A obra preséntase como unha combinación única entre libro de referencia e narración, onde se proporcionan numerosos enlaces, moitos baseados no ámbito científico, para facilitar a comprensión. Ao chegar ao final, un extenso glosario complementa a súa lectura, permitíndonos profundizar aínda máis nos conceptos presentados.

En definitiva, Seres con Recursos é para ti:

  • Se che gusta o coñecemento e comprender máis sobre ti, sobre cómo funcionan o teu corpo, a túa mente e as túas emocións.
  • Se queres descubrir novas posibilidades ou conectar cos teus propósitos
  • Se amas a vida saudable.
  • Se tes unha mente curiosa e che gusta indagar en cuestións científicas.
  • Se consideras que o que serve para outras persoas non sempre é para ti.
  • Se buscas aumentar a túa autosuficiencia e confianza nas túas decisións.
  • Se consideras que un cambio de hábitos pode contribuír á túa saúde e benestar.
Seres con Recursos: Propuestas para vivir Conscientes, Capaces y Sanos - BEA LEMA

Ver libro en Amazon

×