Convidámoste a participar no Primeiro Encontro de Benestar e Sustentabilidade en Galicia, onde exploraremos temas fundamentais como a conexión coa natureza para reducir o estrés, a importancia dunha alimentación saudable e os produtos ecolóxicos para o coidado da saúde e o benestar, o turismo rural e o valor dos recursos da nosa rexión, Galicia, unha terra de cultura e tradición que, a día de hoxe, converteuse no destino preferido de moitas persoas, ademáis de polas súas paisaxes, a súa climatoloxía e gastronomía, por ofrecer todo o necesario para unha vida plena.
Descobre como certas comarcas de Galicia superan en lonxevidade incluso ás rexións xaponesas e todo o que está nas nosas mans para unha mellor calidade de vida, ao mesmo tempo que coidamos o planeta.
Agardámoste o vindeiro mércores, 24 de xaneiro, na Fundación Juana de Vega, Nós, Oleiros, a partir das 09:45 h. para este evento que dará inicio a las 10.00 h.
Podes inscribirte na seguinte ligazón:
E aquí podes botar unha ollada ao emocionante programa do día:
PROGRAMA
Primeiro Encontro de Benestar e Sustentabilidade en Galicia
09.45 h | Recepción de asistentes |
10.00 h | Benvida. A Relación da Paisaxe e a Infraestrutura Verde co Benestar.
Pedro Calaza. Director da Escola Galega do Paisaxe, Juana de Vega. |
10.30 h | Retos e Desafíos dunha Nova Era. Lonxevidade, Benestar e Sustentabilidade en Galicia.
Bea Lema. Directora da Escola Galega de Benestar. Promotora de Benestar Integral |
11.10 h | Viaxes Sustentables e Benestar.
Alberto Gallego. Fundador da Axencia Ruteart Viaxes. |
11.30 h | Pausa |
12.00 h | Mesa Redonda. Entidades que promoven o Benestar e a Sustentabilidade en Galicia.
Participan: Yolanda Díaz de O Xastre de Anos (Turismo Rural en Galicia) Miguel Roig de Os Biosbardos (Produción Ecolóxica e Rexenerativa) Belén Rodríguez de Labrecos (Granxa Circular Rexenerativa) María Barral Brandariz de ReVive con Plantas (Biofilia e Xardíns Verticais) Mónika Romero e Andreu Morros de Bensenta (Elaboración de Repostería Saudable) Manuel Corral (Permacultura) |
13.15 h | Rolda de Preguntas |
13.30 h | Agradecementos e Peche |
Este é un proxecto localizado no coworking do Pazo de Arenaza promovido pola Deputación da Coruña

