Reducción del Estrés y Mejora del Bienestar 
en la Ribeira Sacra

Redución do Estrés e Mellora do Benestar na Ribeira Sacra

en la categoría Axenda

Este retiro de fin de semana no hotel balneario de 4 estrelas, ubicado no corazón da Ribeira Sacra, é uha oportunidade única para deixar atrás o estrés da vida cotiá, reconectar contigo e aprender ferramentas que te axudarán a manter o benestar no teu día a día.


PRESENTACIÓN: https://drive.google.com/file/d/1K8VYCJi-2jcMTsqUlU8vieqtCCSkUSZj/viewImaxina unha fin de semana adicada exclusivamente a ti, rodeado de natureza nun entorno que che convida a estar en calma¿Qué podes esperar desta fin de semana?Venres Tarde: Benvida e Primeiro Contacto

A túa chegada, serás recibido nun ambiente acolledor e relaxado, ideal para desconectar desde o primeiro momento. Despois de instalarte, comezaremos cunha suave introdución ao Mindfulness, guiada por Bea Lema, formadora, experta e promotora de benestar integral. Esta primeira sesión che permitirá relaxarte, liberar tensións acumuladas, coñecer aos teus compañeiros e compañeiras e preparar a túa mente para o resto da fin de semana.

Sábado: Conexión, Relaxación e Aprendizaxe

O sábado é un día de inmersión total no benestar. Comezaremos a mañá cunha sesión de Chikung para a saúde, unha práctica ancestral que combina movemento suave, respiración e meditación, perfecta para reducir o estrés e mellorar a enerxía vital, e nos mergullaremos en diferentes técnicas para a redución do estrés, mellorar a calidade de vida e o benestar.

Ao longo do día, disfrutarás dun circuito termal no balneario, diseñado para revitalizar corpo e mente. Entre actividades, terás tempo libre para descansar, explorar a natureza circundante ou simplemente disfrutar da tranquilidade da contorna.

Domingo: Peche e regreso a casa coa enerxía renovadaO domingo comezará cunha última sesión de Mindfulness levada á vida real, a través dun Ruteiro dos Sentidos, un paseo consciente en plena natureza, onde aprenderás a sintonizar coa contorna e os teus propios sentidos. A xornada terminará cunha visita sacra a un lugar especial da zona, unha experiencia que che aportará serenidade e reflexión.

Despois de disfrutar da comida de peche, teremos un círculo de despedida onde compartiremos aprendizaxes e reflexións. Partirás con ferramentas prácticas para reducir o estrés no teu día a día, un corpo relaxado y unha mente en paz.

¿Quén guiará esta experiencia?Este retiro será guiado por Bea Lema, directora da Escola Galega de Benestar, instrutora acreditada de Mindfulness pola Universidade de Zaragoza e promotora de benestar integral. Coa súa experiencia e calidez, Bea acompañarache nesta viaxe hacia o benestar, que ofrece un enfoque integrador entre a mente e o corpo.

Unha contorna única para o teu benestar

O hotel balneario, con pensión completa e un exquisito circuito termal, está inmerso na natureza da Ribeira Sacra, unha paraxe de serenidade absoluta. Aquí entre natureza e as augas termais, hallarás o ambiente ideal para relaxarte e renovarte.

Todo está preparado para que poidas disfrutar plenamente. A pensión completa, o acceso ao balneario e todas as actividades están incluidas. O único que debes facer é chegar ao hotel polos teus propios medios, e nós nos ocuparemos do resto.

Cómo chegar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed

OTROS ARTÍCULOS DEL BLOG
×