Participamos en Biocultura A Coruña

en la categoría Axenda

VÉMONOS EN BIOCULTURA

A CORUÑA, DO 7 AO 9 DE MARZO 2025

¿Coñeces Biocultura?

Biocultura é a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable, de referencia internacional e recoñecida como unha das máis importantes en Europa, que se celebra cada ano en Madrid e Barcelona e tamén na Coruña, concretamente neste 2025 en EXPOCoruña, os días 7 ao 9 de marzo.

Unha fantástica oportunidade para coñecernos, xa que o domingo 9 de marzo ás 11.30 h., a directora da Escola Galega de Benestar, Bea Lema, ofrecerá ideas e claves sobre cómo vivir de maneira saudable e sustentable na actualidade, onde o estrés converteuse nun dos maiores desafíos para a saúde pública en xeral, ademáis da cantidade de tóxicos aos que estamos expostos a diario.

Descubriremos os diferentes factores que afectan á nosa saúde no día a día e aqueles nos que podemos influir para a nosa mellor calidade de vida e benestar, ao tempo que contribuimos á sustentabilidade da contorna.

Esta charla-obradoiro será no Ágora Deputación da Coruña, tal como podes ver na seguinte ligazón: https://www.biocultura.org/actividad/5048/acoruna

Toma nota desta cita! Temos grandes ideas para ti.

A continuación, achegámoste os horarios e tamén a ligazón para que poidas acadar as túas entradas e disfrutar así deste magnífico encontro de 3 días que se celebra tan so unha vez ao ano e che achega a unha vida saudable, a través de produtos ecolóxicos e diferentes empresas e entidades de consumo responsable e sustentable, para unha mellor calidade de vida e benestar:

Consigue as túas entradas para Biocultura EXPOCoruña: https://www.biocultura.org/acoruna/horarios

HORARIOS Biocultura A Coruña:

7 de Marzo de 2025, de 11:00h a 20:00h
8 de Marzo de 2025, de 11:00h a 20:00h
9 de Marzo de 2025, de 11:00h a 18:00h

Localización de EXPOCoruña: Rúa Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña

Ver mapa

Si queres coñecer máis sobre BIOCULTURA. Podes descubrilo aquí: https://www.biocultura.org/biocultura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed

OTROS ARTÍCULOS DEL BLOG
×