O Xastre de Anos, Cabana de Bergantiños
Do 28 ao 31 de marzo
¿Gustaríache comprender un pouco máis de ti, sobre cómo guiar a túa mente e xestionar as tuas emocións? e ¿por qué nos sentan tan ben os entornos naturais?
No Xastre de Anos, en Cabana de Bergantiños, estamos a preparar unha Semana Santa diferente.
Unha experiencia rural para que poidas escaparte do ritmo frenético da ciudade e descubrir os pilares do bienestar, así como as estratexias que contribuen a reducir o estrés, á vez que te mantés en forma física e mental.
Realizaremos prácticas guiadas, exploraremos a través dos sentidos, e descubrirás porqué a práctica da Atención Plena ou Mindfulness é tan útil como reveladora no día a día.
Ademáis, comprenderás porqué o benestar e a sustentabilidade están ligadas, ao tempo que descubrimos os tesouros da nosa rexión, da nosa cultura e tradición.
Polo que aproveitaremos para degustar e descubrir a gastronomía da zona, así como aqueles entornos onde poderemos disfrutar momentos únicos, en reconexión co benestar e a natureza, e en compañía de outras persoas con intereses afins.

Aloxamento Rural no Xastre de Anos
A casa rural de O Xastre de Anos aberta ao público dende 1910, por Manuel Díaz, xastre de oficio, rexentada hoxe pola cuarta xeneración, dintínguese pola súa hospitalidade.
É un aloxamiento con todos os servicios baixo licencia de Turismo Rural de Galicia, Casa de Aldea, Grupo B; co Compromiso de Calidade Turística, ideal para descansar nun ambiente rural, familiar e tranquilo, situada no municipio de Cabana de Bergantiños, a 6 km da costa de la Ría de Cabana, nunha pequena aldea que curiosamente se pronuncia Anos e se escribe Anós.
Unha zona axeitada para paseos tanto a pé como en bicicleta para coñecer o rural gallego. Está céntrica para visitar o destino Starligh da Costa da Morte e ideal para iniciar rutas (praias, faros, monumentos…) desde Malpica a 23 km, Corme a 18 km, Laxe a 15 km, Camariñas a 34 km e ata Fisterra a 50 km.
Podes vela aquí:
https://www.oxastredeanos.com/
Localización:
Cómo chegar:
https://www.oxastredeanos.com/contactar.php
Programa:
O programa é fundamentalmente de carácter experiencial e nos permite descubrir os pilares do benestar.
Durante as mañás, se as condicións climatolóxicas o permiten e, en atención ás necesidades do grupo, poderemos descubrir e explorar aquelesespazos naturais e lugares emblemáticos da zona (os tesouros da nosa rexión).
Mentres que, polas tardes, profundizaremos en aspectos claves para que poidas sentirte ben no teu día a día, sempre cun compoñente experiencial, baseado na práctica da atención plena ou Mindfulness.
Asimesmo, durante o desenvolvemento das actividades da maña e da tarde, faremos algunha breve pausa.
Xoves, 28 de marzo
16.30 h. Chegada e recepción dos participantes.
18.00 h. Presentación dos asistentes e do plan de Semana Santa
Descubrindo os Pilares do Benestar
20.30 h. Cea grupal
23.00 h. Descanso
Venres, 29 de marzo
09.00 h. Almorzo saudable
10.00 h. Recursos internos que contribúen a mellorar o noso benestar integral
Descubrir os tesouros da nosa rexión
13.30 h. Comida, espertar os sentidos e descanso
17.30 h. Claves da lonxevidade. ¿Cómo manternos xoves a medida que pasan os anos?
Estratexias para reducir o estrés e manter a serenidade.
20.30 h. Cea grupal
23.00 h. Descanso
Sábado, 30 de marzo
09.00 h. Almorzo saudable
10.00 h. Recursos externos que contribúen a mellorar o noso benestar integral
Descubrir os tesouros da nosa rexión
13.30 h. Comida, espertar os sentidos e descanso
17.30 h. Claves da salutoxénesis.
Fortaleza física e mental. As claves da resiliencia.
20.30 h. Cea grupal
23.00 h. Descanso
Domingo, 31 de marzo
09.00 h. Almorzo saudable
10.00 h. Implementar estratexias para manter a integridade e aumentar o benestar no día a día.
Círculo de compartir, conclusións e resolución de dúbidas.
14.00 h. Comida de despedida
17.00 h. Peche
*Suxeito a posibles modificacións por parte da organización, por causas excepcionais.
Imparte Bea Lema
Directora da Escola Galega de Benestar. Ainda que procede do ámbito deportivo, foi a causa dun inesperado accidente de tráfico que tivo que reorientar o seu rumbo profesional como empleada pública na Administración General del Estado, onde exerceu durante máis de quince años.
Ao longo deste tempo, seguíu a formarse como instructora de Mindfulness, avalada pola Universidade de Zaragoza e se sumerxiu noutros programas de Mindfulness como o MBEB, MBLC e MBSR que, ao fusionalos con hábitos de vida saudable lle permiten desenvolver innovadores programas formativos.
O seu amor pola aprendizaxe constante, así como o coidado e o respeto pola natureza e o seu enfoque na saúde integral, fai que estes programas se caractericen pola integración mente-corpo e lle levan a crear ese espacio, onde outros poden descubrir o seu propio potencial de benestar.
Condicións
O importe desta Experiencia, de xoves a domingo de Semana Santa, é de 420 euros para habitaciones dobles. Se queres facer uso dunha habitación de maneira particular son 45 € adicionais. Inclúe todo: aloxamento en réxime de pensión completa, obradoiros e actividades. A comida é en restaurantes da zona recomendados e recoñecidos polo seu interese gastronómico.
Desconto aplicado se reservas antes do domingo, 17 de marzo, por tan só 340 €.
Reserva de Praza
Para que a reserva de praza sexa efectiva é necesario encher una breve ficha de inscrición e realizar un ingreso de 100 euros que se descontará do prezo final.
Enche o formulario que atoparás a continuación e enviarémosche todo o necesario para realizar a inscrición. As prazas son limitadas:
https://forms.gle/BhCzTpdeRYaMM59w8
Se por causas de forza maior finalmente non podes asistir devolveráseche o 100% do reservado. Agás se cancelas durante os tres días anteriores ao comezo do retiro ou non o notificas, xa que, por cuestións de loxística, non sería posible proceder á súa devolución.