Convidámosvos a participar no Terceiro Encontro sobre Benestar e Sustentabilidade en Galicia , que se celebrará o xoves 12 de xuño, pola tarde , no espazo de ecoagroturismo Arqueixal en Albá, Palas de Rei (Lugo): https://arqueixal.es/
Nesta ocasión, a través da Rede Vital de Galicia, convidamos de novo a participar a diferentes empresas, produtores e entidades galegas que consideramos que están a desempeñar un papel relevante no benestar das persoas e o coidado do meio ambiente, a través das súas respectivas prácticas e actividades.
Galicia é unha terra rica en biodiversidad, un auténtico paraíso para o benestar e a calidade de vida, onde temos ao noso alcance todo o necesario para gozar dunha vida plena.
Por iso, ademáis de presentar proxectos e xerar sinerxias entre participantes e asistentes, queremos lembrar a importancia de coidar e sustentar o meio natural en favor do benestar e a saúde de todas e todos, pois a nosa saúde e a da contorna son unha sola.
Descobre todo o que temos preparado para esta nova edición con personas convidadas moi especiais.
Contaremos tamén con música en directo a cargo de Sofi Peries.
Podes inscribirte na seguinte ligazón:
PROGRAMA
Terceiro Encontro de Benestar e Sustentabilidade en Galicia
16:30 h. | Recepción de asistentes |
16.45 h |
Benvida. Coidar da contorna para coidar de nós. Bea Lema. Escola Galega de Benestar. |
17.00 h |
Actividades que favorecen o benestar e a sustentabilidade en Galicia Xosé Luis Carrera. Anfitrión. Ecoagroturismo Arqueixal. Óscar Rodríguez. GL Ecological Solutions. Laura N. Iglesias e Ana Randolfe. Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostenible. José Vicente Barcia. Proxecto Guardabosques de Donelle. Ana Escariz e Ana Moure. Os Contos do Leite. Alberto Uría. Asociación Corripa. |
18.00 h |
Presentación Plataforma Ulloa Viva e Mesa Redonda Natalia Varela. Plataforma Ulloa Viva Mesa Redonda. Natalia Varela. O espírito da Colmea. Lola Tourón. Cestería Viva. María José Álvarez. Muulhoa. Iago Roca. Proxecto Melífera. |
18:40 h. | Pausa |
19.20 h |
Contribución dixital Diego Gómez. Bioenxebre (marketplace) Javier Toral. Artgonuts (cultura dixital) |
19:40 h. | Ronda de preguntas e networking |
20:30 h. | Agradecementos e peche |

