Participamos en Biocultura A Coruña

en la categoría Axenda

VÉMONOS EN BIOCULTURA

A CORUÑA, DO 6 AO 8 DE MARZO 2026

¿Coñeces Biocultura?

Biocultura é a feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable, de referencia internacional e recoñecida como unha das máis importantes en Europa, que se celebra cada ano en Madrid, Barcelona e tamén na Coruña, concretamente en EXPOCoruña, os días 6 ao 8 de marzo.

Este domingo, 8 de marzo, ás 12.30 h., Bea Lema covídanos a redescubrir o mundo rural como un auténtico ecosistema de benestar físico, emocional e comunitario.

🌿 O rural como enclave de benestar e sustentabilidade

Desde o enfoque One Health, comprenderemos que a saúde humana, dos animais e a dos ecosistemas están profundamente conectadas.

Falaremos da necesidade de tecer redes entre saúde, agroecoloxía, educación e economía local, e do papel clave da educación e as boas prácticas para impulsar modelos rexenerativos.

Unha charla para os que desexan mellorar a súa calidade de vida, entender os factores que inflúen na súa saúde diaria e formar parte dun cambio que beneficie tanto ás persoas como ao planeta.

Inspiración, conciencia e acción nun mesmo espazo.

¿Anímaste a vir?

Toma nota desta cita! Temos grandes ideas para ti: https://www.biocultura.org/actividad/5747/acoruna

Domingo, 8 de marzo, ás 12.30 h. na Sala 1

A continuación, che facilitamos os horarios e tamén a ligazón para que poidas conseguir as túas entradas e disfrutar así deste magnífico encontro de 3 días que se celebra tan solo unha vez ao ano e che acerca a unha vida saudable, a través de productos ecolóxicos e diferentes empresas e entidades de consumo responsable e sustentable, para unha mellor calidade de vida e benestar:

Consigue as túas entradas para Biocultura EXPOCoruña: https://www.biocultura.org/acoruna/horarios

HORARIOS Biocultura A Coruña:

6 de Marzo de 2026, de 11:00h a 20:00h
7 de Marzo de 2026, de 11:00h a 20:00h
8 de Marzo de 2026, de 11:00h a 18:00h

Localización de EXPOCoruña: Rúa Juana Capdevielle, 2, 15008 A Coruña

Ver mapa

Se queres coñecer máis sobre BIOCULTURA. Descúbrelo aquí: https://www.biocultura.org/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed

OTROS ARTÍCULOS DEL BLOG