Convidámosvos a participar no Terceiro Encontro sobre Benestar e Sustentabilidade en Galicia , que se celebrará o xoves 12 de xuño, pola tarde , no espazo de ecoagroturismo Arqueixal en Albá, Palas de Rei (Lugo): https://arqueixal.es/
Nesta ocasión, a través da Rede Vital de Galicia, convidamos de novo a participar a diferentes empresas, produtores e entidades galegas que consideramos que están a desempeñar un papel relevante no benestar das persoas e o coidado do meio ambiente, a través das súas respectivas prácticas e actividades.
Galicia é unha terra rica en biodiversidad, un auténtico paraíso para o benestar e a calidade de vida, onde temos ao noso alcance todo o necesario para gozar dunha vida plena.
Por iso, ademáis de presentar proxectos e xerar sinerxias entre participantes e asistentes, queremos lembrar a importancia de coidar e sustentar o meio natural en favor do benestar e a saúde de todas e todos, pois a nosa saúde e a da contorna son unha sola.
Descobre todo o que temos preparado para esta nova edición con personas convidadas moi especiais.
Contaremos tamén con música en directo a cargo de Sofi Peries.
Podes inscribirte na seguinte ligazón:







